Cursei a licenciatura en Química na Universidade de Santiago de Compostela,  título co cal obtiven no ano 2009 o premio extraordinario de licenciatura da comunidade autónoma de Galicia. Nese mesmo ano, comecei a estudar un mestrado de Biotecnoloxía, ata setembro de 2011 (120 ECTS), incorporándome ó grupo de Xenética psiquiátrica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para a realización do proxecto fin de mestrado en “Susceptibilidade xenética compartida entre os distintos trastornos psiquiátricos e suicidio”.

En novembro de 2011 obtiven unha beca da Xunta de Galicia para estudos de doutoramento, coa cal comezo a realizar a miña tese doutoral en xenética psiquiátrica no proxecto co título de "Identificación de variantes de risco en rexións promotoras de xenes asociados a esquizofrenia mediante tecnoloxías de secuenciación de nova  xeración de alto rendemento”. O proxecto ten por finalidade a identificación de variantes pouco comúns que confiran risco moderado a padecer esquizofrenia en rexións promotoras de xenes de susceptibilidade a esquizofrenia en estudos GWAs, xenes afectados por variantes estruturais de alto risco como microduplicacións e microdelecións e xenes funcionalmente relacionados cos anteriores.

Como parte da formación predoutoral, obtiven unha beca da fundación barrié para a realización dunha estancia no Columbia University Medical Center da Columbia University (New York),  de Marzo a  Outubro de 2014. Alí, realicei un proxecto para o estudo e análise bioinformática de datos de RNAseq de córtex prefrontal e cingulado en esquizofrenia.

Actualmente, traballo na Fundación Ramón Dominguez , a cargo dun proxecto de estudo farmacoxenético da resposta ó tratamento en TDAH e TOC, á par que remato o meu proxecto de doutoramento para obter o título de doutor.

Hospital Clínico Universitario, IDIS, edificio Consultas, andar -2. Grupo de Xenética Psiquiátrica, despacho 15, E-15706, Santiago de Compostela, Spain

Phone: +34-981955452; email: javier.costas.costas (at) sergas.es; skype: xabicostas

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos