foto_Julio_v2.jpg

Julio Rodríguez López

      Recibín o meu título de licenciado en Bioloxía (especialidade en Bioloxía molecular) no 2003 e o meu doctorado en Bioloxía en 2008 pola Universidade de Santiago de Compostela. Durante a miña etapa de doutoramento, traballei na área de xenética humana, estudando a xenética de enfermidades complexas, en concreto as enfermidades reumatolóxicas. Como parte desta formación predoutoral, fixen unha estancia temporal no Botnar Research Centre/Institute of Musculoskeletal Sciences da University of Oxford, onde aprendín diferentes técnicas de xenética funcional relacionadas coa expresión alélica diferencial. Como resultado desta etapa de formación predoutoral, adquirín unha formación sólida en xenética que se reflexou na publicación de varios artigos como primeiro autor.

Despois dunha etapa postdoutoral adicada a enxeñería xenética de microorganismos na Universidade de Vigo e no Instituto de Investigación en Ciencias de la Alimentación do Consejo Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de Madrid (publicacións), no 2012 incorporeime ó grupo de Xenética Psiquiátrica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, un grupo de investigación multidisciplinar formado por biólogos, técnicos de laboratorio, psiquiatras clínicos, e psicólogos.

Na actualidade a miña liña de investigación céntrase na búsqueda e identificación de variantes raras de alta penetrancia–variacións no número de copias (CNVs) e variacións dun único nucleótido (SNVs)-, que podrían estar implicadas na patoxénese dos trastornos psiquiátricos –principalmente esquizofrenia, trastornos do espectro autista, trastorno obsesivo compulsivo ou trastorno de uso de substancias-. Para alcanzar este obxetivo, facemos uso de ferramentas xenómicas como o xenotipado de alto rendemento ou a tecnoloxía de ultrasecuanciación, as cales nos permiten a detección de diferentes variantes nun número amplo de mostras, así como facer a análise do datos do xenoma completo.

Hospital Clínico Universitario, IDIS, edificio Consultas, andar -2. Grupo de Xenética Psiquiátrica, despacho 15, E-15706, Santiago de Compostela, Spain

Phone: +34-981955452; email: javier.costas.costas (at) sergas.es; skype: xabicostas

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos