DIVULGACIÓN

Explicación da aplicación de estimas de riscos polixénicos en psiquiatría para RNE-Galicia (Crónica de Galicia, 23/01/2024), a raíz do inicio do novo proxecto do ISCIII, 2024, a partires do minuto 5:30.

Explicación da aplicación de estimas de riscos polixénicos en psiquiatría para Europa Press, a raíz do inicio do novo proxecto do ISCIII, 2024. Nova recollida en diversos medios de comunicación.

Comentario sobre unha meta-análise de risco familiar transdiagnóstico en psiquiatría, para SMC España (en inglés ou castelán). Comentario recollido en diversos medios de comunicación.

Intervención no podcast Psiquiatras CON ciencia: "Genética y esquizofrenia, deribando mitos y atravesando fronteras en psiquiatría", por Fernando Facal.

Comentario sobre o último GWAS do Consorcio GSCAN sobre consumo de alcol e tabaco, publicado en Nature, para SMC España (en inglés ou castelán). Comentario recollido en diversos medios de comunicación.

Comentario sobre as bases xenéticas da esquizofrenia para La voz de la Salud a raíz da publicación da versión en castelán do libro "Los chicos de Hidden Valley Road" (Sexto Piso Editorial, 2022) de Robert Kolker.

Explicación dos resultados da terceira ronda do Schizophrenia Working Group of the Psychiatric Genomics Consortium, publicado en Nature no 2022 e no cal participamos, para GCiencia.

Intervención no programa de V televisión "Sana, sana" sobre as bases xenéticas do trastorno obsesivo-compulsivo (vídeo 2'20'').

Participación en Pint of Science 2017: "Mente maravillosa?  Xenética e trastornos mentais" (vídeo 34 min).

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos