Costas_foto_RIAPAd.jpg

JAVIER COSTAS

    Doutoreime en xenética pola Universidade de Santiago de Compostela no 2000, cun estudo sobre a historia evolutiva de retrovirus endóxenos en Drosophila e mais en humanos. Despois, incorporeime ao Instituto de Biologia Molecular e Celular (IBMC) Universidade do Porto, como investigador postdoutoral, traballando na evolución de secuencias reguladoras da expresión xénica en Drosophila. A mediados do 2003, pasei a formar parte do Centro Nacional de Genotipado (CeGen) no nodo de Santiago de Compostela, para liderar un proxecto piloto sobre xenética de trastornos mentais. De 2006 a 2011, desfrutei dun contrato do programa Isidro Parga Pondal (Xunta de Galicia) na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Durante este periodo conseguín o meu primeiro proxecto como Investigador Principal (convocatoria FIS 2005) e constituín o meu propio grupo de investigación sobre xenética de doenzas mentais. Dende o 2012 ao 219, fun investigador senior do programa Miguel Servet no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). Actualmente son investigador sanitario no SERGAS, dirixindo o grupo de xenética psiquiátrica do IDIS, un grupo de investigación multidisciplinar formado por xenetistas e psiquiatras clínicos. Parte da miña investigación en psiquiatría xenética foi publicada en xornais de alto impacto como Nature, Molecular Psychiatry, ou Biological Psychiatry. Durante este tempo, viñen actiando de revisor de múltiples xornais, como New England Journal of Medicine, Molecular Psychiatry, Schizophrenia Bulletin, Schizophrenia Research ou Journal of Psychiatric Research.

Son autor de mais de 100 publicacións científicas. Un listado das miñas publicacións pode atoparse en Google Scholar ou ORCID. Podes contactar comigo nestes enderezos electrónicos: javier.costas@usc.gal ou javier.costas.costas@sergas.es.

 

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos