LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

1. Identificación de factores xenéticos de predisposición a trastornos mentais, principalmente esquizofrenia e trastornos por uso de drogas

2. Estimas de puntuacións individuais de risco polixénico a sufrir trastornos mentais debido a variantes comúns ao longo do xenoma

3. Asociación de puntuacións de risco polixénico con características clínicas

4. Identificación de conxuntos de xenes funcionalmente relacionados implicados na susceptibilidade a trastornos mentais

5. Identificación de variantes xenéticas raras de risco elevado a sufrir trastornos mentais

6. Interacción/correlación entre factores xenéticos e ambientais na susceptibilidade a trastornos mentais

7. Susceptibilidade xenética compartida entre trastornos mentais e a súa implicación na comorbilidade, principalmente patoloxía dual (presenza dunha drogodependencia e outro trastorno mental)

8. Implicacións da susceptibilidade xenética compartida entre diferentes trastornos mentais na estrutura xerárquica da psicopatoloxía

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos