foto_facal.jpg

FERNANDO FACAL

Gradueime en Medicina e Ciruxía na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2016, formándome en investigación durante o Grao coa Axuda do Programa de Prácticas de Laboratorio, concedida pola Asociación Española Contra el Cáncer. No 2017 comecei a formación como Médico Interno Residente (MIR) de Psiquiatría na Área Sanitaria de Santiago de Compostela. Ao mesmo tempo pasei a formar parte do grupo de Xenética Psiquiátrica, adicando, durante o período de formación MIR, as tardes á formación en investigación. En xaneiro do 2022, tras o remate do período de formación MIR, comecei cun contrato Río Hortega (Instituto de Salud Carlos III), de dous anos de duración, que me permitiu compatibilizar o traballo de investigación en Xenética Psiquiátrica coa práctica clínica, poñendo en funcionamento un programa de Primeiros Episodios Psicóticos na Área Sanitaria de Santiago de Compostela. En abril do 2023 defendín a tese doutoral con título Xenética dos trastornos psiquiátricos: aproximacións xenómicas asumindo polixenicidade e pleiotropía, acadando a calificación sobresainte Cum Laude. Os directores foron Javier Costas e Ángel Carracedo. A miña liña de investigación durante a tese e tamén tras ela céntrase no estudo da arquitectura xenética dos trastornos mentais dende unha perspectiva polixénica. Os meus traballos sobre riscos polixénicos, publicados en revistas de prestixio no eido da psiquiatría, teñen unha visión traslacional, esperándose que poidan achegar a medicina persoalizada de precisión á práctica clínica psiquiátrica nun futuro próximo, principalmente na estratificación de pacientes.



2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos