Foto_presentacin_grupo_10.jpg

PABLO JÁCOME

     Gradueime en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2019. Nese mesmo ano, incorporeime ao grupo de investigación para realizar o Traballo de Fin de Grao titulado “Análise da correlación xenética entre neuroticismo e dependencia de alcol”, o cal foi a miña porta de entrada ao mundo da xenética de enfermidades complexas. En 2020, rematei o Máster en Xenómica e Xenética impartido pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, realizando no grupo, o Traballo de Fin de Máster titulado “O papel da placenta en susceptibilidade xenética e padecer esquizofrenia segundo o modelo omnixénico”, relacionado coa temática na que se centraría a miña tese doutoral. En 2021, rematei o Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, xa que tamén teño interese na docencia. Nese mesmo ano, comecei a miña tese doutoral dirixida polo doutor Javier Costas. En 2022, fun contratado pola Rede de Investigación en Atención Primaria de Adiccións. En 2023, obtiven unha bolsa predoutoral da Xunta de Galicia. A temática da miña tese céntrase en investigar o papel da placenta na susceptibilidade xenética a distintos trastorno psiquiátricos, orixinando a publicación do meu primeiro artigo como autor, titulado “Explorando o efecto causal da fisioloxía placentaria na susceptibilidade a trastornos mentais e adictivos: un estudo de randomización mendeliana”. Paralelamente, entre os anos 2022 e 2024, cursei o Máster de Bioinformática e Bioestatística da Universidade Oberta de Catalunya e da Universidade de Barcelona.

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos