LAILA AL-SOUFI

Gradueime en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2018. Durante os meus estudos, tiven a oportunidade de colaborar no Departamento de Xenética, onde descubrín a miña vocación. Decidín, polo tanto, realizar o Mestrado en Xenómica e Xenética da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo e, a finais do ano 2018, incorporeime no grupo de Xenética Psiquiátrica, realizando o Traballo Fin de Mestrado “Análise xenética da asociación entre tabaco e esquizofrenia”.

Dende setembro de 2019, estou realizando o meu doutorado no grupo. O meu proxecto de tese “Unha aproximación xenómica á asociación entre tabaco, alcol e esquizofrenia” consiste na análise da susceptibilidade xenética a psicopatoloxía xeral en relación co tabaquismo, o alcolismo e a esquizofrenia mediante a estima de puntuacións de risco polixénico. Ademais, intento atopar a causa da asociación entre o tabaquismo e a esquizofrenia mediante unha abordaxe xenómica. 

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos