JOSE JAVIER SUÁREZ RAMA

    Cursei a licenciatura bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela obtendo o título licenciado no ano 2006. No ano 2008 incorporeime ó grupo de Xenética Psiquiátrica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica comenzando o meu traballo de investigación para a obtención do titulo de suficiencia Investigadora  rematando este, no ano 2010. Nesta primeira fase de formación, tratabamos de buscar variantes raras que causasen un aumento no risco a padecer esquizofrenia, centrándonos nun único  xene (DISC1) clave nunha serie de rutas involucradas no neurodesenvolvemento. Como continuación disto, empecei a miña etapa de estudante predoutoral este mesmo ano, o cal continua na actualidade, e no que tratamos de buscar variantes raras asociadas ó trastorno en pacientes esquizofrénicos  e controis  mediante técnicas de secuenciación de nova xeración nun serie de xenes previamente relacionados coa esquizofrenia.

Ó par do meu traballo de investigación, no ano 2010 empecei a traballar na plataforma do banco de ADN do CIBERSAM (Centro de Investigación Biomédica en Red de Salud Mental) no que a miña función trata de xestionar, manipular , procesar e almacenar mostras de controis e pacientes de distintas enfermidades mentais (esquizofrenia, trastornos do espectro autista, retraso mental, trastorno bipolar, etc.) procedentes dos distintos grupos que forman a rede. Dende ano 2014, tamén formo parte do CEGEN (Centro Nacional de Genotipado) no seu nodo situado en Santiago, realizando traballos de xenotipado de alto rendemento na plataforma de Affymetrix.

Hospital Clínico Universitario, IDIS, edificio Consultas, andar -2. Grupo de Xenética Psiquiátrica, despacho 15, E-15706, Santiago de Compostela, Spain

Phone: +34-981955452; email: javier.costas.costas (at) sergas.es; skype: xabicostas

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos