Licencieime en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 2013. Incorporeime ao grupo de Xenética Psiquiátrica a finais do ano 2013, cando cursaba o Mestrado Universitario de “Investigación Biomédica” na USC, obtendo o título con Proxecto de Fin de Mestrado “Estudo do compoñente polixénico no trastorno obsesivo-compulsivo”.
Actualmente traballo no laboratorio como estudante de doutoramento, no proxecto de Tese “Análise do risco polixénico a desenvolver trastornos psiquiátricos: implicacións etiopatoxénicas e clínicas en esquizofrenia e alcoholismo”. O principal obxectivo deste proxecto é a optimización do uso da información xenética actual como factor predictivo adicional na estima de risco a abuso/dependencia de alcohol e esquizofrenia, explicada pola compoñente polixénica global así coma a estima da varianza en susceptibilidade explicada por esta compoñente xenética.